jueves, 7 de abril de 2011

Coas verbas do corazón

Un espertar a medida
do diluviar nocturno.

O ceo ateigado
de grises espesuras
proclama de súpeto
un manifesto sobre o pranto.

No canto dun campo de grelos floreados
pola fiestra creo ver
un batallón de xirasois vencidos.

Tras agardar con delirio ao sol
xacen sobre a lama dobregados.

As douradas cabeleiras
agora enchoupadas,
cal estandarte dos soños
ata a última confianza izado.

Trabucóuse a man labrega
que nesta terra vos sementóu,
terra cuia fértil humidade
apodrece o voso árido esplendor.

Mesma inadaptación acontecera
a esa língua que sendo estranxeira
derriba as murallas primeiras
dos máis febles corazóns desta terra.

Na túa invasión irreverente
língua que do dominio és pretendente,
masacras a maxestuosidade desta lí­ngua,
raíña nacida e por tí­ en serva convertida.

Língua plebea é hoxe,
agardando ao galego vento
que na voz do pobo turre forte,
arrede o aturuxo da morte
e o faga vivir en cada alento.

Ancestral bramido te expulsa
língua soberana doutra terra.
Co seu longo berro, agora guerreiro,
o rexeitamento do pobo galego.

Forte és tí lí­ngua de España,
de Machado, de Lorca, de Cervantes...
máis é nosa a lingua de Rosalí­a,
de Castelao, de Bóveda ......
e da saudade.

Medra forte na túa terra
pois alá és o máis grande,
máis as raigames da nosa lí­ngua
asume que das túas son...
cando menos irmáns.

Lí­ngua que cal xirasol luces
espallando a túa semente
por riba de calqueira desencanto.

Déixa a nosa luz que é nosa,
déixa a nosa fala que é nós.
¡¡¡Nunca máis falador@s dependentes,
podemos falar por nós!!

É o meu corazón quen así fala
pois a miña cabeza me dí
que pode haber sitio para ámbas.

Máis o lugar do galego é o trono,
rexio trono e senón
o que segue ao lóstrego.

Pois para a lingua galega
a coroa desta terra ha ser

                  
óleo.Interpretación obra Carlos Maside

No hay comentarios:

Publicar un comentario